POBREZA E DESIGUALDADE
A ONU define a pobreza como: condición caracterizada pola carencia de necesidades básicas, incluíndo alimentos, auga potable, instalacións sanitarias, saúde, vivenda, educación e información. A pobreza non só depende dos ingresos monetarios, senón tamén, do aceso a servizos"
A ONU define a pobreza como: condición caracterizada pola carencia de necesidades básicas, incluíndo alimentos, auga potable, instalacións sanitarias, saúde, vivenda, educación e información. A pobreza non só depende dos ingresos monetarios, senón tamén, do aceso a servizos"
¿Quen é considerado pobre en España?
Pobre é considerado aquela persoa que vive por debaixo do umbral da pobreza* e, segundo iso, un 20% dos habitantes en España son pobres. Aínda que hai outras fontes que din que pobre é aquel que non ten nigún tipo de ingreso, o que só sitúa a un 3% dos españois nesa situación.*O umbral da pobreza definese como: o 60% da renta mediana do país, polo tanto, unha persoa está nesta situación se cobra menos do 60% da renta mediana do país.
¿Cantos fogares sofren pobreza en España?
Ao longo dos últimos anos rexistráronse os seguintes datos:- Un 21,12% dos fogares españois son pobres.
¿Que problemas sociais afectan a poboación que sofre pobreza en España?
O principal problema que sofren as persoas que viven por debaixo do umbral da pobreza é o rexeitamento social. Despois, van outros como poden ser:
- Falta de recursos para poder levar unha vida "digna".

Que impacto está a ter a crise económica na poboación infantil?
Actualmente en España, os nenos e as nenas constitúen o grupo cun índice de pobreza máis alto, por encima dos e das adultos e maiores.
A crise ten impacto en diversas facetas da súa vida:
-Saúde : dificultade para obter os tratamentos non incluídos no servizo sanitario público.
-Familia: deterioro do ambiente familiar, polo estrés e presión causados pola situación económica.
-Educación : hai familias que non poden permitirse o servizo de comedor, actividades extraescolares ou a roupa deportiva, o que retrasa o seu desenvolvemento educativo.
-Alimentación: soen vivir cunha alimentación pobre e inadecuada, de mala calidade ou falta de nutrientes.
-Vivenda: algunhas familias perden os seus fogares o que fai que teñan a necesidade de mudarse a outro país. Isto, á vez, pode causar degradación do entorno físico.
Así que xa sabedes! Debemos loitar xuntos para, como dictan os obxectivos do milenio, erradicar a pobreza non só no noso país, tamén no resto do mundo.
Vémonos pronto =)

No hay comentarios:
Publicar un comentario