Busca neste blog

9/11/14

PAISES EN CONFLITO

Xa para rematar as entradas sobre os problema actuais, hoxe falaremos de Os países en conflito.

O conflito militar en Sudán, é un exemplo de guerra actual.
Comezou o 14 de Decembro de 2013 cando unha facción do exército tentou provocar un golpe de Estado en Sudán do Sur e aínda segue actualmente.

Outros exemplos son:
- Afganistán, en guerra dende o 2001.
Este conflito comezou hai máis de 13 anos, cando E.E.U.U atacou a Afganistán en resposta dos atentados do 11-S.
- Arxelia, guerra que comezou en 1992.
Este conflito está creado por diversos factores políticos.
- Birmania, dende o 1948.
O país está gobernado por unha Xunta Militar que exerce unha forte represión sobre os opositores e que viola os dereitos das minorías étnicas.
- Chad, loitando dende 2006 ata o 2010.
Guerra en ColombiaGuerra entre Sudán e Chad.
- Colombia, loitando dende 1964.
Este país está secuestrado e destrozado dende fai décadas, por esta e outras razóns é un dos lugares máis perigosos do planeta.

Éstes son só uns poucos exemplos pero, segundo as estatísticas, actualmente hai sobre uns 20 países en guerra. Por iso, é importante saber e valorar a sorte que temos por vivir onde vivimos, sen ter un conflito ao noso arredor porque milleiros de nenos sofren isto a diario e millóns de persoas morren cada día como consecuencia das guerras e loitas entre países.


                                                                                                         
Se clicas aquí, podes atopar audios ou videos sobre Os países en conflito e se clicas sobre os nomes dos diferentes conflitos, acederás a páxinas que falan sobre o tema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario