Busca neste blog

4/11/14

CONSUMISMO E CONTAMINACIÓN DO MEDIO AMBIENTE

Nesta entrada imos falar sobre os problemas relacionados entre sí que son moi perxudiciais para os ecosistemas e a vida na terra:

-O Consumismo
É definido como o a tendencia ao consumo esaxerado de bens considerados innecesarios o que leva á adquisición competitiva de riqueza como símbolo de prestixo social. Isto non só significa que cada vez dependemos máis dos nosos recursos materiais, senón que tamén se converteu nun indicador da nosa posición: compramos para mellorar a autoestima, ser admirados e admiradas/envidiadas e envidiados...

Este comportamento pode producir problemas como a destrución de hábitats naturais, a produción de residuos innecesarios e pode derivar á produción en masa de produtos por persoas que traballan en malas condicións laborais.

Algunhas formas de solucionalo serían:
-Reducindo o volume das nosas compras.
-Só consumindo os produtos que sigan unha serie de requisitos para non xerar unha degradación do medio ambiente.
-Sustituíndo os elementos contaminantes por outros naturais ou biodegradables.



Corto relacionado:



Contaminación do medio ambiente:
Este tema está moi relacionado co consumismo, xa que é unha das súas consecuencias.
Defínese como contaminación a introdución nun medio calquera dun contaminante; é dicir, calquera substancia ou forma de enerxía con potencial para provocar danos, irreversibles ou non, no medio ambiente. Pódese dar no mar, no aire, na terra... e recibe distintos nomes segundo o medio ao que afecte: contaminación hídrica, atmosférica e do solo. En función da natureza do contaminante pode ser: química, térmica, acústica, lumínica ou de impacto visual.

Mapa segundo ó contaminante en Europa:

¿Que consecuencias pode ter este aspecto por culpa do ser humano?
O deterioro do noso planeta e, polo tanto, tamén o noso se produce debido á ''suciedade'' do aire, o debilitamiento da capa de ozono que nos protexe da radiación ultravioleta do sol, estropea os nosos recursos de obtención de auga contaminándoa e fai que moitas zonas non se podan sementar.


Gracias por ler esta entrada! Este é un tema moi importante e para que todas as persoas do mundo colaboremos no mantemento da Terra, temos que mandar esta mensaxe o máis lonxe posible.
-R

No hay comentarios:

Publicar un comentario