- Antes de ler o libro, a que pensabas que se podía referir a
autora ao falar dun “recinto gris”?
E que che suxería o lobo da portada?
André:
A min suxeríame un lugar onde sempre
houbese nubes e nunca brillase o sol e o lobo non me suxería nada en especial.
Álvaro:
Un lugar de castigo e opresión onde houbera persoas encerradas, algo
semellante a unha cárcere. O lobo, suxeríame sería un libro terrorífico.
Rosa:
O recinto gris, suxeríame un lugar onde a xente estivese encerradas por
persoas diferentes e o lobo suxeríame que tiña algo sobrenatural.
Alba:
O nome de “Recinto gris” suxeríame un lugar escuro, profundo, sen luz no
que as personaxes vivían encerrados e baixo o dominio de outra raza, xa que o
lobo, eu creo que representa iso, outra raza, unha especie diferente.
- Unha vez o liches, a que cres
que se refire? Consideras que pode
estar a pensar nal- gunha situación real? Cales?
Refírese a un lugar onde as persoas "diferentes" están pechadas e
condenadas a traballar en algo sen sentido, algo que só serve para mantelos
cansos e que non se rebelen e volvan ao seu lugar de orixe, porque, se isto
sucedese, esfumaríase a idea dos lobos de crear unha sociedade
"perfecta", xa que volverían a ela os "imperfectos".
Si, está a pensar no holocausto
nazi, no "appartheid"...
- Procura no dicionario da RAG o
termo DISTOPÍA e dá tres razóns concretas polas que penses que o
libro describe unha.
O libro describe unha distopía
porque:
1.- É unha ficción, nunca se
producirá isto, é dicir, os "diferentes" nunca van ser apartados
desta maneira da sociedade, ninguén disfrazado de lobo dominará o mundo,
ninguén será condenado a traballar continuamente en algo sen sentido como cavar
buratos e encher outros...
2.- Os lobos oprimen e controlan
aos "diferentes" para crear unha sociedade "perfecta".
3.- Está situada no futuro, xa
que actualmente ninguén pode crear unha galerna e facer crer a todo o mundo que
son lobos.
- Le a entrevista publicada por A Voz
de Galicia e explica que inspira
a Ledicia Costas para escribir as
súas obras.
Ledicia inspirouse no holocausto nazi, facendo
una metáfora na que o mundo está
gobernado por lobos que leva a campos de concentración a aquelas persoas que
non encaixan no seu deseño social porque son "diferentes": pobres,
tolos, albinos, enfermos... Xa que os lobos queren crear unha sociedade
perfecta.
- Por que se di que este libro é
un alegato en prol de “a individualidade, a amizade e a loita contra a opresión”? Cita un exemplo concreto de cada caso.
Individualidade: Cada un é único é orixinal e ten cousas boas
e únicas: o neno lepidóptero ten ás, Nube ten unha gran capacidade de
memorización...,e non por iso debe ser condeado.
Amizade: No libro, apartires da convivencia, fórmase
un vínculo afectivo entre os recluso do mesmo barracón e especialmente entre
Mun e Nube.
Loita contra a opresión: xa que a pesar de estar rodeados de lobos
armados, estar débiles, famentos e cansos a busca e o desexo de ser libre é
máis forte que todo o demais e así é como ao final conséguese escapar do
"Recinto gris"
|
|
1984
|
BRAVE NEW WORLD
|
|
A U T O- RÍA
|
George Orwell
|
Aldous Huxley
|
|
ANO DE P U B
L I-
CACIÓN
|
1949
|
1932
|
|
XÉNERO
|
Novela de política
e de ficción distópica
|
Novela de ciencia
ficción distópica
|
|
TEMA
|
Tras descubrir que o gobernó e así tamén o seu traballo
son unha farsa, Winston Schmidt coñece a unha rebelde chamada Xulia, e xuntos
deciden plantar cara a unha sociedade de control que se vixia a si mesma.
|
A novela narra
a historia dun mundo feliz, sen guerras nin pobreza, todas as persoas son
felices. Mais a ironía é que para logralo tivéronse que eliminar conceptos
como a literatura, a relixión ou a familia, a diversidade cultural, a arte, a
filosofía…
|
|
|
1984
|
BRAVE NEW WORLD
|
|
SEME- LLAN-
ZAS CON RECIN- TO GRIS
|
Narran distopías, son novelas de ciencia ficción,
narran realidades imposibles…
|
En ambas obras
literarias quérese conseguir unha sociedade perfecta, para crear un mundo en
paz e tranquilidade, sen guerras nin pobreza, todos iguais nas mesmas
condicións. Pero para isto, necesítase sacrificar diversas cousas: persoas en
recinto gris e ámbitos, ciencias, culturas etc. En Brave new world.
|
|
SEME- LLAN-
ZAS COA SOCIE- DADE ACTUAL
|
É imposible que sexa perfecta, sempre haberá fallos,
imperfeccións; aínda que se exerza control sobre a sociedade.
|
Na nosa
sociedade actual a violencia entre persoas foi diminuíndo ao longo dos anos,
aínda así, segue sendo imposible erradicala e crear unha sociedade perfecta
nese sentido.
Non hai xeito
de crear unha sociedade perfecta, nin tampouco é necesaria, todos temos que ser
únicos e diferentes dos demais.
|
Equipo Cívico

No hay comentarios:
Publicar un comentario