ANÁLISE DO TEXTO
1. ESTRUTURA EXTERNA
Nº de capítulos: 16 capítulos.
2. ESTRUTURA INTERNA
Introdución: Dende o comezo do libro (De quen son os lobos) ata o final do capítulo cinco (De como chegan a un lugar frío e illado e de como perden os seus nomes). Preséntanse algúns dos personaxes
principais: Nube (Alma), o avó e Mun. Ademais se introduce o lugar onde se
desenvolve a historia: o recinto gris, quen goberna neste lugar, que tipo de
persoas habitan nel, que normas rixen neste espazo…
Nó: Dende o capítulo seis (Do burato sen fin e de como empeza a amizade con Mun) ao doce (Do que o avó gardaba na chaqueta). Fálase de como transcorre a
vida no recinto, de como Nube traba relacións cos outros reclusos e reclusas,
do traballo inútil que están obrigados a facer…
Desenlace: Do capítulo trece (De como a revolución toma forza no Recinto Gris) ao final.
3. ARGUMENTO
Todo comenzou cunha terrible tormenta trala que apareceron os lobos, os cales comezaron a capturar ás persoas que eran “diferentes”,
entre as que estaba unha nena chamada Nube, a protagonista da historia. Todos e
todas foron levados e levadas ao recinto gris, un recinto vixiado polos lobos e
construido para aloxar aos diferentes. Alí Nube aprende o significado da amizade
e vive moitas aventuras.
4. ASUNTO
Liberdade. Porque o libro narra o instinto de liberdade que teñen as persoas atrapadas en recinto gris.
5. TEMA
A loita por saír da opresión que levan a cabo os lobos.
6. TONO
Esperanzado. Porque aínda que as personaxes están moi cansas, famentas e atrapadas; nunca perden a esperanza, xa que sempre están pensando na maneira de fuxir.
7. VOZ NARRADORA
3ª persoa, o narrador é omnisciente. Sabe todo o que ocorre ou vai ocorrer.
CARACTERIZACIÓN DAS PERSONAXES
Caracterización xeral
-Como
son?
Son
“distintos”, teñen habilidades ou intereses extraños.
-A
que clase social pertencen?
A
clase media e á baixa (hai algúns pobres), pero como son “diferentes” os lobos
queren crear una nova clase social inferior para categorizalos.
-Que
papel desenvolven na obra?
O de
oprimidos e privados dos seus dereitos.
-Que
actitude adopa a voz narradora ante eles?
Actitude
empatizada en contra dos lobos.
-Sabemos
deles directamente (a partir da información da voz narradora ou doutras
personaxes)?
Sí. Porque a voz narradora e as personaxes danos información como que Carraña fala nun idioma estraño, a muller con cara de rato chámase así porque ten esta cara...
-Sabemos
deles indirectamente (a partir do que din e de como se comportan)?
Sí. Sabemos cousas como que Nube é algo autista, o neno lepidóptero é tímido...
CLASIFICACIÓN:
-Xerais:
Nube,
Mun, o avó, os lobos.
-Secundarias:
A
muller con cara de rato, a nai de Nube, a señora Lola, o home do transistor, o
neno lepidóptero, Matías, Ómicron, Pi, Ita, o xefe dos lobos, Carraña (ou home
lince) e Nené (o deficiente).
ANÁLISE DO ESPAZO
-Real ou simbólico?
Simbólico, debido a que esto non é posible que suceda.
-Fixo ou itinerante?
Fixo, xa que toda a historia se desenvolve no recinto gris salvo a primeira parte que o fai na cidade de Vii.
-Pechado ou aberto?
Pechado. Porque se desenvolve nun recinto fixo e pechado.
-Urbano ou rural?
As dúas, porque o recinto está nunha zona rural pero a cidade de Vii é un núcleo urbano.
ANÁLISE DO TEMPO
-Externo: localización nun momento histórico; no pasado, no presente, no futuro... Ucronía (fóra do tempo real).Poderíase colocarse no pasado (holocausto nazi), no futuro ou ser unha ucronía.
-Interno: duración dos acontecementos que se narran.
Na cidade de Vii só transcorre un día e no recinto gris están bastante tempo, pero non está definido.
-Orde:
- Lineal (e/ou discontinuo).
Lineal, porque non hai saltos no tempo. Pero tamén discontinuo porque non conta o que lles sucede no recinto todos os días, só narra os acontecementos máis relevantes.
- Alterado
- Prolepses
- Analepses
Non existen prolepses e as únicas analapses que existen son pequenos momentos de recordo do pasado por parte dos personaxes.
CONCLUSIÓN
- Síntese das nosas observacións.
Nós cremos que queda demasiado irreal para que fose planteado da maneira deseada.
- Impresión persoal: fuxe das ideas preconcibidas e das frases feitas para xulgala pola súa pertinencia, actualidade, orixinalidade, estilo...
Pareceunos unha boa obra que aborda problemas actuais como a discriminación de razas e persoas en xeral, problemas do pasado como a época nazi. Cremos que o seu obxectivo é concienciar á poboación para evitar que no futuro se produza un problema como este que, en definitiva, só sería un agravamento de fenómenos actuais como o sexismo ou o racismo. Ademais é unha obra orixinal porque é difícil abordar este tema e menos aínda escribir unha novela.

No hay comentarios:
Publicar un comentario